20/01/2 017

Hoxe imos crear por parellas un mapa da Terra. Nel imos sinalar o nome das liñas imaxinarias que coñecemos, localizar as diferentes zonas climáticas e escribilas e se somos quen tamén imos engadir algunha imaxe coa vexetación que hai en cada unha das zonas ;-).

Para quecer imos botar unhas carreiras cun becho máxico: un unicornio. Imos aló!

Preparadas, preparados!

Para facer isto necesitamos estar preparadas fisicamente: 

-Poñer moita atención e ter moi bo pulso.

-Seguir as indicacións de traballo.

LEMBRAMOS: quen se perde ou despista levanta a man e espera a que a profe vaia por onda el ou por onda ela 😉

Material que imos necesitar: 

1- Ir á páxina de thinglink. Prememos aquí.

2. Hoxe imos traballar coas dúas pantallas ao mesmo tempo :-0

-Seleccionamos unha das imaxes que temos no blogue. Podemos escoller calquera desta tres:

Planisferio.

Imaxe de pradarías.

Imaxe de bosques.

Imaxe da tundra.

Imaxe da sabana