Nosoutras! “Nosotras, nosotros y tú”

[rematado o RemiX parcial do curso]

… na fonoteca do meu corazón está a nosa historia

Agora que xa sabemos que a estas palabriñas os sabichóns e as sabichonas lles chaman pronomes persoais “Yo, tú, ella, él, nosotras, nosotros, vosotras, vosotros, ellas y ellos” e que polo seu significado seguro que sabemos un pouquiño máis do fermoso e do valor do contiño que nos descubriron Román e a profe Cris. Deixamos por aquí a Nosa versión, preferimos adaptar o Yo y tú ao noso grupiño e convertido no “nosotras y nosotros“, co “Tú” orixinal. E nese “Tú” tamén estás ti, ou ti ou… que pasas por aquí unida por un fío invisible que che trouxo ata este lugar, e que na fonoteca do teu corazón vai quedar esta gran historia.

O Entroido desde a primavera

IV Mostra do Entroido no Lamas de Abade.

[Os peliqueiros chegan ao noso cole despois do minuto 10:30]

IV Mostra do Entroido coa colaboración dos Peliqueiros de Laza realizada o 17 de febreiro de 2 017. Actividade organizada polas equipas de normalización lingüística dos centros de ensino de Lamas de Abade (IES Lamas de Abade, Aspanaes Duques de Lugo, EI Raiola, CEIP Lamas de Abade, CIFP Compostela).

Día de Rosalía de Castro

 

Para ir pinchando da Rosalía de Castro estes días.

  1. Viches a Rosalía de Castro?, vídeo creación realizada pola EEI de Lañas (A Baña). Marzo de 2 013.
  2. Rosalía pequeniña, do libro disco Rosalía pequeniña de Uxía (Editorial Galaxia).
  3. A grasia non era poucado libro disco Rosalía pequeniña de Uxía (Editorial Galaxia). Animación audiovisual feita polo alumnao de 6º de Ed. Infantil do CPI Progreso de Catoira.
  4. Adiós ríos, adiós fontes, do libro disco Raidpoemas de Aid (Editorial Galaxia).
  5. Adiós ríos, adiós fontes,  do disco Séptimo Pecado da banda de rock ASTAROT.
  6. Na língua que eu falo interpretado por Najla Shami acompañada por Sérgio Tannus. Do disco.
  7. Quíxente tanto meniña, interpretado por Alba María (Casa Museo de Rosalía, maio 2 014)
  8. Aló, poema musicado por aCadaCanto, e incluido no EP A rosa d’Adina.
  9. Negra sombra, poema interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez.
  10. Alboradaincluído non CD Rosalía21 (na voz de Anxo Angueira e Guadi Galego).

 

[Baseado nuha infografía de Nel Vidal e froito da escolla do grupo de 3º B]