24/03/2 017

Ruleta con “un pouquiño de todo”.

-Debedes escribir a palabra que che pide.

-Fixádevos ben se é en galego (G) ou en castelán (C), se comeza por a letra ou a letra vai dentro da palabra.

-Sorte! Premede aquí

Captura de pantalla 2017-03-24 a la(s) 7.10.11 AM

 

https://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2893410/html5/un_pouquino_de_todo.htmUn pouquiño de todo

Fontes históricas: escritas e non escritas.

AS FONTES HISTÓRICAS. 

Unha fonte histórica é todo aquilo que nos pode ofrecer unha información sobre sucesos do pasado.

Poden ser de diferentes tipos: escritas e non escritas.

TIPOS DE FONTES HISTÓRICAS: ESCRITAS E NON ESCRITAS. 

Fontes históricas escritas. 

As fontes históricas escritas son os textos que se conservan do pasado. A información chéganos a través dos libros e outros escritos como as cartas, os xornais, as revistas…

Fontes históricas non escritas. 

Fontes orais: son aquelas nas que a información nos chega a través da palabra falada ou cantada. Son fontes orais: unha lenda, unha canción, unha entrevista, un discurso…

Fontes gráficas: son aquelas nas que a información nos chega a través da pinturas, dos mapas, dos planos, das fotografías… do pasado.

-Os restos materiais: son os obxectos e sinais que se conservan do pasado. Poden ser de antigos edificios, ferramentas, moedas, vestidos etc. Tamén son restos materiais partes de ósos de persoas ou animais.

captura-de-pantalla-2017-03-01-a-las-8-54-05-pm

[“Puñal”. Petróglifo do Castriño de Conxo, situado na actual Volta do Castro]

Imos saber un pouquiño máis dos petróglifos, “zapeamos” as diferentes formas: debuxos xeométricos, representacións de caza…

Sabemos un pouquiño máis da Prehistoria.

RETO MATEMÁTICO

Estes días imos celebrar o Día de Rosalía de Castro. Tamara contounos que o ano da súa data de nacemento é o 1 837. E mais de unha e de un tamén sabía a súa data de nacemento.

O reto consiste en averiguar que idade tería Rosalía o 24 de febreiro de 2 017.

Tedes que expresar a súa idade en unidades longas de tempo.

medidas-de-tempo

[mapa elaborado na clase coa ferramenta popplet]

20/01/2 017

Hoxe imos crear por parellas un mapa da Terra. Nel imos sinalar o nome das liñas imaxinarias que coñecemos, localizar as diferentes zonas climáticas e escribilas e se somos quen tamén imos engadir algunha imaxe coa vexetación que hai en cada unha das zonas ;-).

Para quecer imos botar unhas carreiras cun becho máxico: un unicornio. Imos aló!

Preparadas, preparados!

Para facer isto necesitamos estar preparadas fisicamente: 

-Poñer moita atención e ter moi bo pulso.

-Seguir as indicacións de traballo.

LEMBRAMOS: quen se perde ou despista levanta a man e espera a que a profe vaia por onda el ou por onda ela 😉

Material que imos necesitar: 

1- Ir á páxina de thinglink. Prememos aquí.

2. Hoxe imos traballar coas dúas pantallas ao mesmo tempo :-0

-Seleccionamos unha das imaxes que temos no blogue. Podemos escoller calquera desta tres:

Planisferio.

Imaxe de pradarías.

Imaxe de bosques.

Imaxe da tundra.

Imaxe da sabana

28/outubro/2 016

5 minutos de adestramento: imos quecer os dedos

CIENCIAS SOCIAIS

Imos dar unha voltiña por este xogo de recoñecemento de “Océanos” e “Continentes”.

continenteseoceanos

[imaxe tirada de “Mapas interactivos Didactalia” coa única fin pedagóxica]

1º) Xogo “Océanos e continentes (1)”. Mira o plan de traballo: actividade núm. 1.

Preme aquí para realizar a “Actividade núm. 1

2º) Agora que xa superarches a “Actividade núm. 1” seguro que estás preparada para enfrontarte coa “Actividade núm. 2”. ´

Estamos diante doutro mapa, mais agora debedes localizar na lista de océanos e continentes os lugares que aparecen indicados cun puntiño.

Preme aquí para realizar a “Actividade núm. 2

MATEMÁTICAS

matematicas01

No apartado do xogo “Trabajar con números menores de ____” Imos escribir un número comprendido entre o 1 000-2 000.

Imos alá coas matemáticas!