REMATE FINAL

Traballamos por equipos…

Durante o curso procuramos que o traballo colaborativo e cooperativo fose un xeito de resolver e vivir o día a día porque sabemos cada unha (Jade, Eva, Nerea, Lucía Puga, Tamara, Uxía, Noa, Iria e Lucía Martínez) e cada un (Martín, Dani, Alonso, Álex, Borja, Aser, Carlos, Marcos, Iván, Román e Iago) de nós sempre vai enriquecer e achegar algo positivo que achegar ao grupo. Foron varias as dinámicas coas que traballamos…

… na fonoteca do noso corazón vai quedar esta historia

Agora que xa sabemos que a estas palabriñas os sabichóns e as sabichonas lles chaman pronomes persoais “Yo, tú, ella, él, nosotras, nosotros, vosotras, vosotros, ellas y ellos” e que polo seu significado seguro que sabemos un pouquiño máis do fermoso e do valor do contiño que nos descubriron Román e a profe Cris. Deixamos por aquí a Nosa versión, preferimos adaptar o Yo y tú ao noso grupiño e convertido no “nosotras y nosotros“, co “Tú” orixinal. E nese “Tú” tamén estás ti, ou ti ou… que pasas por aquí unida por un fío invisible que che trouxo ata este lugar e que na fonoteca do teu corazón vai quedar esta gran historia.

Día de Rosalía, Día da Muller Traballadora e Obradoiro de medidas. 

.. creamos un fotocol coa axuda da profe Marta, celebramos o Día da Muller Traballadora e das mulleres máis importantes que todos os días están diante de nós, 

Que curso! coas táboas de multiplicar_

Entre todas e todos acabamos facendo un equipo xeitoso no día a día mais este foi para aprender, recordar as táboas de múltiplicar.  Aquí estamos grandes xogadoras, xogadores: Álex, Aser, BorjaCarlos, Eva, Iria, Iván, Lucía M., Marcos, MartínNerea, Noa, RománTamaraUxíaAlonso preferiu ser porteiro e Lucía P, Dani e Jade. eran as mellores afeccionabas e o Mellor afeccionado que se apuntaban a todos os lanzamentos desde o ordenador con toda a clase.

Captura de pantalla 2017-06-23 a las 18.15.21

Igual este verán é un bo momento para tirar algún penalti e non esquecer a táboa ;-).

E para as festas… sempre eramos as primeiras e os primeiros!

E agora si que remata…
a vós, moitas grazas por todo o que aprendín
(que foi moito)
e polo que me deixastes ensinarvos.
Desculpade polas veces que me puxen demasiado seria
ou que pensabades que ese día almorzara un “altofalante” 😉
e ás vosas familias
grazas por compartir e confiar

no noso cole, nos/nas compañeiras  (Ana, Cris, Dessi, Óscar e Roberto) e en min durante este curso.
Unha aperta de chocolate!